SUSPENSIÓN DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Tendo en conta as previsións meteorolóxicas para o vindeiro venres  en Porto do Son,os organizadores do Campionato Provincial de campo a través escolar decidiron suspender a proba.

Buscarase unha nova data á volta das vacacións de Semana Santa, da cal vos informaremos coa antelación suficiente.

Desculpade as molestias.