MURAL DA FELICIDADE

Ao longo do mes de novembro estivemos traballando sobre dúas emocións: a gratitude e a felicidade. Para Epicteto (55-135 D.C.), un filósofo grego da escola estoica, a FELICIDADE é mais ben unha decisión: "Se decidiches ser feliz, eres feliz". 

A grata satisfacción que designamos coa palabra FELICIDADE é diferente para cada persoa. Curiosamente, o noso adxectivo "feliz" procede do latín felix, que na antiga Roma significaba "fecundo, fértil". Como se uniu esta noción agrícola aos territorios da alma? Sentimos o don da abundancia cando somos felices?

O alumnado de 5º B e 6º de primaria investigou como se expresa a palabra "felicidade" noutros idiomas e países e que signfica en cada cultura.