ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

O vindeiro luns iniciamos o programa "Acompañamento entre iguais". Esta iniciativa pretende que o alumnado comparta 20 minutos semanais con outros iguais do centro, realizando actividades conxuntas. Ao longo do primeiro trimestre, primarán as parellas e os grupos de tres por ciclos. Deste xeito, o alumnado de primeiro, que ademais acaba de iniciarse na etapa, desfrutará da compaña do alumnado de segundo e así sucesivamente. Ditas reunións pretenden crear e fortalecer un vínculo.

A primeria actividade versa sobre coñecer os gustos e afeccións do outro/a, afondando así na súa personalidade. Para elo, realizaranlle unha entrevista a súa parella. Logo, poderán resolver sudokus e sopas de letras onde atopar algunhas das emocións que imos a traballar ao longo deste curso.

Botádelle unha ollada ás nosas actividades para infantil e primaria nos arquivos adxuntos.


 

AdxuntoTamaño
modelo entrevista (1).pdf980.56 KB
ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS INFANTIL E 1º CICLO EP.pdf934.8 KB
1ª SESIÓN ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS.pdf208.98 KB