O XIMNASIO DO COLEXIO ESTREA BAÑOS

Despois de moitos anos solicitando a construción duns baños no ximnasio, por fin neste curso, xa son toda unha realidade.

Esta era unha obra prioritaria e necesaria para o alumnado do noso centro, xa que, o ximnasio carecía de baños.

Os novos baños destacan pola súa amplitude, luminosidade e accesibilidade, o que  facilitará o desenvolvemento e aproveitamento das sesións de psicomotricidade e educación física.