COMPAÑA DA AUGA DE CARBALLO

Dende o Concello, coa colaboración de Gestagua, están levando a cabo unha campaña de promoción do consumo da auga da billa. Ademais de poñer en valor a calidade da nosa auga, a campaña tamén ten un importante contido medioambiental, xa que paralelamente trátase de reducir o uso de plástico.

Nese sentido, esta semana o Concello instalou unha  fonte de auga da billa no noso centro. Ademais tivemos a sorte de que nos obsequiaron cunha actuación dunha versión reducida de “Carabela”, a peza teatral de Galeatro que trata de incidir, precisamente, na redución do uso do plástico, e no reparto de botellas reutilizables de aluminio a todos os nenos e nenas.

Moitísimas grazas por esta iniciativa que nos encantou a todos e todas!!!!!