XEOGRAFÍAS LECTORAS

O lema elixido para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.

 Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:

- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".

- Descubrir a capacidade reparadora da lectura. 

- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura,  que convidan á aventura (debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, ...).

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade, neste caso lecturas que nos axuden a comprender mellor o noso mundo e lecturas que nos axude a entender o mundo dos outros...

Nesta primeira actividade que propuxemos, o noso alumnado comparte con toda a comunidade educativa os libros que lle lles permitiron deixar voar a súa imaxinación durante o confinamento e o tempo de vacacións previo ao comezo das clases. Aquí compartimos con vós a súa selección .

Desexámosvos unha moi boa viaxe a través da súa lectura!!!!

AdxuntoTamaño
1.pdf1.82 MB
2º.pdf13.5 MB
3º.pdf1.17 MB
EP (4º).pdf4.29 MB
5A.pdf790.25 KB
5ºEP.pdf8.06 MB
6A.pdf1.98 MB
6B.pdf2.22 MB
EI (1).pdf55.09 MB