FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Educación, Universidade e FP publicou o luns 20 de maio de 2019 ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 21 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO DE 2019

A ORDE do 3 de maio establece nos seus artigos 10.3 e 12.2 : "As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. .... Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes..." ...."A documentación complementaria (que acompañe á solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica..... Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ..."

Pinchado no seguinte enlace accederedes á SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia para solicitar as axudas : https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

A continuación deixámosvos nos documentos adxuntos toda a información para os diferentes cursos e axudas (fondo solidario, libros de texto e material  escolar), os ANEXOS I e II e a ORDE do 9 de maio de 2019.

 HORARIO DE SECRETARÍA: 

LUNS e MARTES: 9:05 a 9:55 horas

MÉRCORES e XOVES: 13:15- 14:05 horas

O Equipo Directivo

AdxuntoTamaño
Orde 3 de maio de 2019.pdf1.16 MB
ANEXO I E II AXUDAS FONDO LIBRO E MATERIAL 2019-2020.pdf2.05 MB
AXUDAS LIBROS DE TEXTO 1º e 2º PARA O CURSO 2019-2020.pdf104.62 KB
FONDO SOLIDARIO E DE MATERIAL ESCOLAR PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2019.pdf104.34 KB
AXUDAS ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2019.pdf104.09 KB
FONDO SOLIDARIO E DE MATERIAL ESCOLAR PARA 1ºESO CURSO 2019.pdf104.37 KB