LETRAS GALEGAS 2019

   Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano dedidado a ANTÓN FRAGUAS, fixemos varias actividades.

    Entre elas, indicar que realizamos algunhas das propostas como cada ano polo Seminario Galán, así como o caderno de actividades que fixo o CEIP Xesús San Luis Romero.

    Ademais, e como traballo colaborativo coas familias, todo o alumnado fixo investigacións sobre certos aspectos da nosa cultura galega (labor que tamén realizaba este autor), como son: refráns, adiviñas, aparellos de labranza, topónimos que están desaparecendo...

   Por outro lado, e colaborando co equipo de biblioteca escribimos a biografía de ANTÓN FRAGUAS empregando os pictogramas.

   De todo o traballo realizado fíxose unha exposición polos corredores do centro, actividade da cal puideron desfrutar tamén as familias.

   A continuación, e a modo de collage, poden ver unha mostra do traballo realizado:

 

 

   Continuando coa celebración deste festividade, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou no I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico. Neste caso empregando o traballo de investigación sobre os topónimos. Deixámosvos o vídeo:

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

AdxuntoTamaño
collage letras galegas.jpg73.03 KB
podcast, letras galegas 3.mp411.78 MB