blogue decee.maria.marinho

Proxecto VOZ NATURA para o curso 2023-2024: O xardín dos paxaros

28/07/2023

Durante o curso 2023-2024 desenvolveremos no noso proxecto diversas actividades destinadas a atraer aos paxaros aos nosos xardíns. E tamén a unhas especies insectivoras un pouco especiais: os morcegos, que tamén nos axudarán a controlar as pragas que atacan ás nosas  plantas.

Rematando o curso...

28/07/2023

Seguimos traballando...

 

-      

Promovemos dende a biblioteca a participación do alumnado nunha actividade de coidado dunha plantación de carballos nos campos de prácticas do centro. Para os alumnos en cadeiras de rodas organizouse na aula ao aire libre da pérgola unha actividade de plantación de leitugas, mestura de sustratos, rega... Alumnos e alumnas de FP de xardinería exerceron de monitores, axudando e dirixindo aos grupos de primaria e secundaria nas actividades de eliminación de malas herbas, elaboración de acolchados orgánicos, rega...

 

-      

Continuando ca temática do proxecto de centro, coordinamos co grupo de formación profesional de Xardinería e viveirismo unha plantación de variedades tradicionais galegas de mazá no mosteiro de Bergondo (A Coruña). Dito mosteiro atopase no Camiño Mariñán (Sada-Betanzos-Santiago de Compostela). No futuro as maceiras darán sombra e froita aos peregrinosO.

 

-      

Organizamos dous talleres de educación afectivo-sexual para FP e alumnado de secundaria.

 

-      

Organizamos o programa Cinema nas aulas (nolo concederon segundo Resolución do 17 de novembro de 2022), co visionado da película Deep para primaria e secundaria, e a cortometraxe El hombre de agua dulce, para formación profesional. O profesorado de FP preparou actividades adaptadas ao noso alumnado relativas ao aforro da auga, degradación de obxectos no medioambiente, elaboración de documentación polo alumnado, dicionario visual... O equipo de biblioteca preparou actividades para o alumnado do centro sobre motricidade fina, texturas, xogos con auga...

 

 

-      

Realizáronse infinidade de actividades  promovidas polos docentes do centro...

-      

 

Traballo sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria (Especialidade de Música)

 

  

-      

A biblioteca serviu de espazo para outras actividades organizadas polos equipos de dinamización do centro: contacontos, día da ciencia, robótica no entroido, charlas sobre ciberbulling, etc

 

-      

E para terminar este curso tan intenso, organizamos un evento de clausura do curso 2022-2023: unha viaxe a Santiago de Compostela como fin de proxecto de centro de biblioteca. Visitouse o parque da Alameda, a praza do Obradoiro e o entorno da catedral e o Monte do Gozo.

 

-      

O ano que ven continuaremos traballando polo PLAMBE con novas iniciativas e un novo proxecto de centro...

 

Rematamos o Proxecto Voz Natura de este curso "Renaturalizamos o noso entorno"

13/05/2023

Rematamos o proxecto de este curso 2022-2023 titulado "Renaturalizamos o noso entorno". Pretendimos arranxar os desperfectos que ocasionaron unhas obras realizadas no entorno do CEE María Mariño. Conseguimos o noso obxectivo, pero aínda queda moito traballo por facer...

Primer premio no campionado de baristas 2022-2023

12/05/2023

O PFFPB de Servicios de Restaruración do CEE María Mariño, acadou o primeiro premio no primer concurso de baristas para centros de educación especial. Parabéns campións!

 

Ciencia na rúa 2023

09/05/2023

Participamos por terceiro o ano consecutivo no día da Ciencia na rúa, que se celebrou no parque de santa Margarita. Alí intentamos dar a coñecer un pouquiño máis o traballo que facemos no CEE María Mariño. Incluso fixéronnos unha entrevista pola radio...

 

Visita técnica ao CFEA de Guísamo

09/05/2023

O pasado 25 de abril visitamos o CFEA (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal) de Guísamo. Traballamos cos alumnos e alumnas do ciclo superior de paisaxismo e medio rural tras asistir a unha clase de manexo de maquinaria impartida polo profesor do CFEA don Vicente Manso. Agradecemos á directora dona Camino Nicolás Balado, e ao resto do persoal as atencións que nos prestaron. Esperamos para o curso que ven establecer un convenio de colaboración entre o noso CEE e o CFEA, e repetir esta experiencia tan enriquecedora...

Charla inicial de manexo de maquinaria de xardín e de prevención de riscos:

 

Traballo cos alumnos e alumnas do CFEA:

Visitamos tamén a finca:

 

Cerezo péndula xaponés no arboreto

 

 Invernadoiro de fieitos arborescentes

 

 

Invernadoiros de propagación

 

Invernadoiros de aviveirado.

 

 

Plantación de froiteiras no Camiño Mariñán

09/05/2023

No cuso 2019-2020 presentamos un proxecto VOZ NATURA titulado “Una alto no Camiño”. Pretendíamos facer unha plantación de maceiras de uso tradicional en Galicia, enxertadas en patróns M25 para que as árbores alcanzaran un tamaño suficiente para dar sombra. O lugar elexido sería no Camiño de Santiago, dando sombra a froita de tempada aos peregrinos. Pero primeiro pola COVID e posteriormente por ter problemas para elexir o emprazamento adecuado, non foi hasta este curso 2022-2023 que poidemos facer a plantación…

O lugar elexido foi o monasterio de san Salvador de Bergondo polo que pasa unha variante do Camiño de Samtiago denominada “Camiño Mariñán”. O pasado 19 de abril, por fin, realizamos a plantación de 3 maceiras da variede de vidro, 2 da variedade Príncipe e 3 da variedade Ollo Mouro.

A planta…

Segamos a herba con cortacéspedes e cortabordes. Arreglamos previamente os danos causados por xabarís e toupas

Cepillamos e demos unha mano de lasur ao panel informativo sobre o Camiño Mariñán.

 

 

Desherbamos o bordillo e  puxemos unha lousa o pé do panel informativo

E plantamos as maceiras de variedades tradicionais galegas...

Traballo feito. Pero aínda volveremos a facer labores de mantemento, plantación de carballos noutros emprazamentos...

 

E tivemos a sorte de saír en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/bergondo/2023/05/01/alargada-sombra-inclusion-llega-ocho-arboles-monasterio-bergondo/0003_202305H1C6992.htm

Ler artículo

.

Información importante sobre o transporte escolar

05/05/2023 14:15

Estimadas familias:

As empresas de transporte escolar do noso centro ALSA e TRAVIDI comunican que a partir do luns 8 de maio está convocada unha folga indefinida.

O transporte dun centro educativo entra como servizo mínimo, pero non poden asegurar a prestación deste servizo.

 

DÍA NON LECTIVO O 2 DE MAIO

28/04/2023 13:57

 

Estimadas familias, o DÍA 2 DE MAIO non hai clase,

volvemos o DÍA 3 DE MAIO

 

Disfrutade deste pequeno descanso!!

 

 

Avanzando polo camiño

09/04/2023

O Meco presentado polo equipo de dinamización lingüística no carnaval tiña tamén un “toque” de peregrino:

 

 

O entroido xiróu entorno aos comics… O CEE María Mariño encheuse de superheroes, detectives, axentes secretos, o Xabato, o capitán Trueno…

Tamén desde a biblioteca, apoiando ao PFFPB de xardinería e viverismo, preparamos unha mochila viaxeira cunhas actividades sobre o libro “El jardín secreto”, de Frances Hodgson Burnett. Este comic, ilustrado por Maud Begon, fálanos do crecemento persoal dunha nena chamada Mary e do seu amigo Colin. Cóntanos como van madurando pouco a pouco, e pasan de ser uns nenos caprichosos e desgraciados a ser uns nenos maduros, felices e positivos ante o mundo. Todo esta evolución lógrase grazas á axuda da xente boa que lles rodea e a un xardín secreto e misterioso que lles ensina a entender a natureza en xeral e a xardinería en particular.

   

 

As tres especialidades de Formación profesional, os PFFPB de xardinería e viveirismo fixeron un taller de iniciación ao debuxo de comics, nunha librería especializada da Coruña, impartido por un dibuxante profesional.

 

A biblioteca serve de espazo para outras actividades organizadas polos equipos de dinamización do centro: contacontos, día da ciencia, robótica no entroido, charlas sobre ciberbulling...

Distribuir contido