blogue decee.maria.marinho

Hoxe foi un día completo...

30/11/2023

- Pensabamos que nos perderíamos a visita que hoxe fixo ao CEE María Mariño o campeón do mundo de Tenis de mesa (Equipo paralímpico) don Alberto Seoane Alcaraz... Pero houbo sorte, foi madrugador e chogou antes de que marchásemos ao IES Zalaeta. Poidemos comprobar de primeira man, co seu exemplo, que con forza de vontade e moito traballo, o ser humano ten o límite no infinito, e máis alá... Como dicían os romanos, per aspera ad astra, polo duro, ás estrelas, a través do esforzo, o triunfo... Gracias pola túa compañía e o teu exemplo, Alberto.

 

- Tras compartir ese ratiño con Alberto Seoane, marchamos a Zalaeta, onde nos esperaban alumnos e alumnas de 3º PDC para facernos unha entrevista sobre o estado fitopatolóxico da palmeira do patio interior do instituto e sobre outras cuestións dos traballos que alí realizamos: colección de variedades tradicionais de maceira, labores de mantemento en xeral...

ver instagram

 

Participamos este curso no Plan Proxecta+ MeteoEscolas.

27/11/2023

- Este ano participamos en dous Plans Proxecta+: Fitofaladoiro e MeteoEscolas. No caso de Meteoscolas xa comenzamos a tomar os datos a partires da estación meterorolóxica que nos proporcionou o proxecto REDICIR e a partir do pluviómetro e os termómetros de máximas e mínimas, dixital e analóxico, que nos proporcionou Meteogalicia... En clase de Ciencias Aplicadas, tamén empezamos a traballar con estes conceptos: tempo meteorolóxico, clima...

Pluviómetro e termómetro de máximas e mínimas.

 

- E como non, xa estamos no mapa...

 

Seguimos a traballar nos hortos do IES Ramón Menéndez Pidal...

26/11/2023 22:25

 

Xogando para aprender...

26/11/2023

- Na biblioteca temos unha colección de xogos, desde os máis tradiconáis, ata os máis modernos dende o punto de vista didáctico.

 

 

- Traballamos sobre o 25N, o Día Intenacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller e, finalmente, o celebramos o venres 24 de novembro.

 

Seguimos traballando da man do PLAMBE un ano máis...

22/11/2023

Continuamos este ano dentro do PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), tras ser admitidos no pasado curso 2023-24. O proxecto de centro (Proxecto Documental Integrado, o PDI) para este ano estará dedicado a nosa cidade, A Coruña: o titulamos Vivir na Coruña... qué bonito é!

 

- A celebración do Samaín ten todos os anos unha gran aceptación por parte do alumnado... Preparamos a carteleira dos máis pequenos a a do alumnado de Formación Profesional con libros sobre esta temática... lendas, contos de terror...

 

 

Carteleira de Primaria e Secundaria

 

Carteleira de FP

 

- Organizáronse tamén actividades relacionadas co Samaín... 

Praga de picudo vermello en Zalaeta...

17/11/2023

- Podemos ver como, nas nosas rúas e nos alrededores da Coruña, o picudo vermello (Rhyncophorus ferrugineus) está a secar as palmeiras canarias en fincas particulares, xardíns, pazos... Incluso poidemos ler recentemente no periódico, cómo é necesario tamén intervir nos xardíns de Méndez Núñez para frenar o ataque ás palmeiras que alí se atopan, incluídas no catálogo da Xunta de Especies Senlleiras.


 

- A pesar dos tratamentos fitosanitarios aplicados na palmeira canaria (Phoenix canariensis) do patio do IES Zalaeta, todo apunta a que non superou o ataque do picudo vermello... Na foto podemos ver as larvas de color amarelo, que son as que comeron o brote principal da palmeira, ocasinándolle a morte. De cor marrón aparece tamén o niño dentro do que a larva realiza a súa metemorfóse, para transformárse no escarabello vermello que podemos ver voando durante a  etapa de reproducción.

Iniciamos unha nova etapa de traballos de xardinería e viveirismo no IES Ramón Menéndez Pidal

17/11/2023

 

 

Finalizamos o curso 2022-2023

17/09/2023

- Rematado o terceiro trimestre podemos ver neste arquivo algúns dos traballos que realizamos neste final de curso. 

Ver arquivo

 

Ata o curso que ven¡

Becas NEAE 2023-2024

05/09/2023

Estimadas familias, dende o Departamento de orientación infórmase que o Ministerio de Educación y Formación Profesional convoca, un ano máis, as becas para o aluimnado con necesidades específicas de apoio educativo, ca novidade dun subsidio (400 €) para gastos adicionáis de carácter xeral independente da renda familiar, ao que ten dereito todo o alumnado con Necesidades Eduicativas Especiáis. 

O prazo de entrega da solicitude e da documentación no centro, remata o 20 de setembro

A tramitación da solicitude faise seguindo os pasos indicados no segiuinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

Seguimos traballando para reciclar os nosos residuos orgánicios...

28/07/2023 20:27

Continuamos muy pendientes del proyecto Twin Space Zero Waste!* (etwinning) promovido por el IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz (Lugo). Nos proponen ahora una nueva iniciativa: seguir investigando sobre el compostaje y realizar un terrario en el que se desarrollen a pequeña escala los procesos que generan el humus “artificial” que denominamos compost

ver proxecto

Distribuir contido