Praga de picudo vermello en Zalaeta...

17/11/2023

- Podemos ver como, nas nosas rúas e nos alrededores da Coruña, o picudo vermello (Rhyncophorus ferrugineus) está a secar as palmeiras canarias en fincas particulares, xardíns, pazos... Incluso poidemos ler recentemente no periódico, cómo é necesario tamén intervir nos xardíns de Méndez Núñez para frenar o ataque ás palmeiras que alí se atopan, incluídas no catálogo da Xunta de Especies Senlleiras.


 

- A pesar dos tratamentos fitosanitarios aplicados na palmeira canaria (Phoenix canariensis) do patio do IES Zalaeta, todo apunta a que non superou o ataque do picudo vermello... Na foto podemos ver as larvas de color amarelo, que son as que comeron o brote principal da palmeira, ocasinándolle a morte. De cor marrón aparece tamén o niño dentro do que a larva realiza a súa metemorfóse, para transformárse no escarabello vermello que podemos ver voando durante a  etapa de reproducción.