CEE María Mariño Enderezo: Xubias de Arriba, 16, 15006, A Coruña Teléfono: 881961102 881961106 E-mail: cee.maria.marinho@edu.xunta.gal |
|||
|
|||
16/07/2024
- Presentamos a memoria das actividades realizadas no proxecto desenvolvido no curso 2023-24, que titulamos "Paxaros no xardín". E con moita ilusión xa empezamos a preparar o noso proxecto "Multiplicación de fieitos": compramos unha cámara de propagación, o noso profesor fixo un curso para aprender a manexala, e xa fixemos as nosas primeiras prácticas de multiplicación... Aprenderremos a participar no proceso de reprodución de estas especies, tanto autóctonas, como ornamentais, como arborescentes... Se nos enseñan, aprendemos. E se aprendemos, podemos facelo. Na foto vemos o xardín de fieitos arborescentes que fixemos no IES Ramón Menéndez Pidal, Zalaeta. Os que plantamos os compramos nun viveiro especializado. Agora queremos aprender nos a producilos... |
|||
|
|||
E tras o acto de graduación, tocou pechar o curso por todo o alto cunha festa amenizada polo grupo musical "Thrust and music"; bailando, xantando e disfrutando dos derradeiros momentos deste ano tan cheo de experiencias. Felices vacacións!
|
|||
Hoxe vivimos un día cheo de emocións no que o alumnado que remata a súa etapa no centro, recibiu unha sentida homenaxe nun acto de graduación enchido de sentimentos. Parabéns e moita sorte na vosa nova etapa! Sempre formaredes parte desta familia.
|
|||
Por fin chegou a tan agardada excursión de fin de curso! Así, no día de hoxe, o alumnado desprazouse ata o parque zoolóxico Marcelle Natureza (Outeiro de Rei); onde puidemos disfrutar de especies da fauna autóctona coma o lobo ibérico, o xabarín, oso pardo... así coma especies exóticas coma por exemplo linces boreais, suricatos, avestruces, domedarios, canguros, cebras ou capibaras entre outros. Posteriormente, disftutamos dun xantar ao aire libre e dun tempo de lecer e esparcimento nas instalacións do parque antes de voltar á casa. Qué ben o pasamos! |
|||
10/06/2024
- Temos moita sorte de poder traballar xunto co IES Ramón Menéndez Pdial e co IES Rego de Trabe.. Pero damos por rematada a colaboración por este curso 2023-24. Despedimonos con talleres de enxerta e rega, traballando cos compañeiros e compañeiras dos inistitutos e incluso cunha boa merenda... Ata o curso que ven!
|
|||
Hoxe realizamos no centro a Carreira ENKI; unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, por medio do xogo, promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así coma o respeto e a educación en diversidade. Deste xeito, o alumnado completou unha carreira de obstáculos adaptados nun espazo de solidariedade e diversión. Qué ben o pasamos! |
|||
Nesta xornada de xoves, o alumnado tivo a oportunidade de vivenciar un concerto musical no centro da man de Pedro Campos, empregando a percuterapia de estimulación cognitiva, xestión e autorregulación emocional. A súa música e percusión contectou co alumnado cantando, tocando e bailando; xerando momentos felices e emocionalmente agradables nesta actividade tan divertida e amena. Moitas grazas! |
|||