O día da Candeloria.

13/02/2024

- O pasado 2 de febreiro celebramos o día da Candeloria. Aproveitamos esta data para compartir, cos nosos compañeiros e compañeiras do IES Ramón Menéndez Pidal, o primeiro titorial de este curso: Paxaros no xardín. Engadimos tamén o Dicionario visual asociado aos titoriales que levamos feito estes catro anos de colaboración co citado instituto. Neste dicionario imos incorporando cada ano novos conceptos que van xurdindo sobre temas agrarios (agricultura, silvicultura e gandeiría), de paisaxe, medio rural, xardinería, viveirismo... Esperamos que os gusten e sexan do voso interese...

ver Paxaros no xardín

 

Ver Dicionario visual

 

Entroido

Outro ano máis; festexamos o Entroido no María Mariño con obradoiros de globoflexia, desfiles, actuacións, festa e viandas propias dunha xornada chea de troula. Qué ben o pasamos!

Día da Paz

07/02/2024

- Celebramos no CEE María Mariño o día da Paz con diversas actividades, que apoiamos desde a biblioteca...

 

Visita formativa dos programas de formación profesional básica ao hotel ATTICA 21

07/02/2024

- O pasado martes, os PFFPBs de Cociña e Lavandería realizaron unha visita formativa ao hotel ATTICA21, na que poideron ver de primeira man como é o funcionamento de un establecemento das características do citado hotel: cociña, servizo de habitacións, lavandería... Seguimos achegando ao noso alumnado á realidade profesional das especialidades nas que se están formando...

 

 

 

 

Día Escolar da non violencia e da Paz

 

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non violencia e da Paz; dando visibilidade ás actividades previas desenvoltas ao longo da semana a prol da convivencia positiva, a amizade, a solidariedade e a resolución de conflictos; materializadas na árbore das apertas e no mural exposto na entrada do centro.

Iniciamos un novo convenio de colaboración co IES Rego de Trabe

28/01/2024

- Traballamos nun proxecto de colaboración co IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña desde fai máis de catro anos... Está resultando ser unha relación enormemente satisfactoria para ambas partes, como se pode apreciar nesta páxina web... Pois temos a sorte infinita de iniciar un novo proxecto de similiares características co IES Rego de Trabe de Culleredo. O pasado xoves 25 de xaneiro realizamos a primeira xornada de traballo,  na que nos organizaron unha visita guiada polo instituto e tivemos a primeira toma de contacto co terreno do xardín no que imos traballar. Realizaremos traballos de xardinería nas súas instalacións e actividades conxuntas co alumnado do citado centro. A cousa promete...

Formación de profesorado do CEE María Mariño

28/01/2024 23:18

- A biblioteca do CEE María Mariño foi escenario esta semana de dúas iniciativas formativas para o noso profesorado. O pasado martes a nosa compañeira coordinadora do curso Polos creativos, Lucía Álvarez, impartiu unha charla introdutora ao citado curso presentando material didáctico de interese para o noso traballo docente.

- Celebramos tamén na biblioteca a primeira reunión do Curso de multiplicación de especies vexetais, na que participamos a coordinadora do CFR de A Coruña e cinco profesores da especialidade de Xardinería e Viveirismo, do CEE Terra de Ferrol, do CPI Alcalde Xosé Pichel e do CEE María Mariño. O noso obxectivo é perfeccionar os nosos coñecementos sobre técnicas de propagación (esgallado en coníferas e frondosas, fieitos arborescentes e autóctonos, musgos...) e demostrar que o noso alumnado pode intervir nos procesos produtivos dos viveiros.

 

- Temos en marcha no CEE María Mariño máis iniciativas formativas (Estimulación multisensorial, Linguaxe natural asistido e CAA...) para seguir mellorando no que máis nos gusta facer... 

Visita formativa dos programas formativos de formación profesional ao CIFP Paseo das Pontes.

28/01/2024

- Os programas formativos de formación profesional básica de Reprografía, Cociña e Lavandería realizaron, o pasado xoves 25 de xaneiro, unha visita formatativa ao CIFP Paseo das Pontes.  Visitaron as súas instalacións e realizaron actividades de inclusión con alumnado e profesorado das especialiadades relacionadas cas impartidas no noso centro.

Entrevista para a radio do IES Ramón Menéndez Pidal

28/01/2024

- Nas últimas saídas ao instituto de Zalaeta traballamos con terceiro da ESO. Esta vez fixeronnos unha entrevista para a radio sobre a nosa actividade nos hortos urbanos do patio de recreo...

ver artículo

 

- Tivemos tamén a sorte de que os alumnos de Zalaeta nos fixeran unha exposición sobre a figura de Isabel Zendal, aproveitando que o próximo 26 de febrero será o aniversario do seu nacemento

ver arquivo

Saída á DOMUS

Este mércores, o alumnado do centro vivenciu a segunda saída do presente do curso aos Museos Coruñeses. Neste caso tivemos a oportunidade de visitar a Casa do home (DOMUS); participando interactivamente nas diversas propostas do museo, aprendendo con elas, e rematando a visita co visionado dun corto nas instalacións.

Distribuir contido