Visita técnica ao CFEA de Guísamo

09/05/2023

O pasado 25 de abril visitamos o CFEA (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal) de Guísamo. Traballamos cos alumnos e alumnas do ciclo superior de paisaxismo e medio rural tras asistir a unha clase de manexo de maquinaria impartida polo profesor do CFEA don Vicente Manso. Agradecemos á directora dona Camino Nicolás Balado, e ao resto do persoal as atencións que nos prestaron. Esperamos para o curso que ven establecer un convenio de colaboración entre o noso CEE e o CFEA, e repetir esta experiencia tan enriquecedora...

Charla inicial de manexo de maquinaria de xardín e de prevención de riscos:

 

Traballo cos alumnos e alumnas do CFEA:

Visitamos tamén a finca:

 

Cerezo péndula xaponés no arboreto

 

 Invernadoiro de fieitos arborescentes

 

 

Invernadoiros de propagación

 

Invernadoiros de aviveirado.

 

 

Plantación de froiteiras no Camiño Mariñán

09/05/2023

No cuso 2019-2020 presentamos un proxecto VOZ NATURA titulado “Una alto no Camiño”. Pretendíamos facer unha plantación de maceiras de uso tradicional en Galicia, enxertadas en patróns M25 para que as árbores alcanzaran un tamaño suficiente para dar sombra. O lugar elexido sería no Camiño de Santiago, dando sombra a froita de tempada aos peregrinos. Pero primeiro pola COVID e posteriormente por ter problemas para elexir o emprazamento adecuado, non foi hasta este curso 2022-2023 que poidemos facer a plantación…

O lugar elexido foi o monasterio de san Salvador de Bergondo polo que pasa unha variante do Camiño de Samtiago denominada “Camiño Mariñán”. O pasado 19 de abril, por fin, realizamos a plantación de 3 maceiras da variede de vidro, 2 da variedade Príncipe e 3 da variedade Ollo Mouro.

A planta…

Segamos a herba con cortacéspedes e cortabordes. Arreglamos previamente os danos causados por xabarís e toupas

Cepillamos e demos unha mano de lasur ao panel informativo sobre o Camiño Mariñán.

 

 

Desherbamos o bordillo e  puxemos unha lousa o pé do panel informativo

E plantamos as maceiras de variedades tradicionais galegas...

Traballo feito. Pero aínda volveremos a facer labores de mantemento, plantación de carballos noutros emprazamentos...

 

E tivemos a sorte de saír en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/bergondo/2023/05/01/alargada-sombra-inclusion-llega-ocho-arboles-monasterio-bergondo/0003_202305H1C6992.htm

Ler artículo

.

Información importante sobre o transporte escolar

05/05/2023 14:15

Estimadas familias:

As empresas de transporte escolar do noso centro ALSA e TRAVIDI comunican que a partir do luns 8 de maio está convocada unha folga indefinida.

O transporte dun centro educativo entra como servizo mínimo, pero non poden asegurar a prestación deste servizo.

 

DÍA NON LECTIVO O 2 DE MAIO

28/04/2023 13:57

 

Estimadas familias, o DÍA 2 DE MAIO non hai clase,

volvemos o DÍA 3 DE MAIO

 

Disfrutade deste pequeno descanso!!

 

 

Traballando no centro coas TIC

Imaxes do alumnado traballando con diferentes recursos TIC.

Álbum: Curso 2022/23 -> Traballo no centro

VACACIÓNS DE ENTROIDO

18/02/2023 19:36

Informamos ás familias que teremos periodo vacacional de Entroido ata o vindeiro mércores 22 de febreiro.

AS CLASES REANUDARANSE O XOVES 23 DE FEBREIRO EN HORARIO NORMAL.

Boas vacacións!!

Bo Nadal

22/12/2022

Felices Festas. Voltamos o 9 de xaneiro!!!

PFFPB de Xardinería e viveirismo.

02/01/2023

- O tempo pasou rápido neste primeiro trimestre... No enlace adxunto podedes ver algunhas das actividades que levamos a cabo no noso programa formativo de Formación Profesional: 

 

ver actividades

 

BENVIDA AO CURSO 2022 - 2023

12/09/2022 12:10

En Xuño, MÓVETE!

23/06/2022 12:30

No mes de Xuño, no María Mariño tamén estivemos movendo o esquelete con moitas actividades deportivas, coñecendo a moita xente maravillosa. Gracias a tod@s pola participación.

Aquí queda un vídeo con algunhas imaxes sobre estas actividades.

 

Distribuir contido