EDLG

#PaliquéochoEU

23/04/2024 14:04

Xa que somos un centro aberto ao entorno e sensible ás necesidades da comunidade educativa, presentamos o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística #PaliquéochoEu pola necesidade de promover e dar valor á lingua mellorando a competencia lingüística no noso alumnado tanto de xeito oral coma escrito dun xeito divertido e motivador. Debido á nosa realidade social, na que as novas tecnoloxías e as redes sociais inundan todo, pensamos que pode axudarnos a motivar e a asentar as aprendizaxes nun contexto interesante para todos e todas.

Coñecendo a nosa lingua e a nosa cultura aprenderemos a valorar e respectara nosa historia e cultura, o mesmo tempo que enriquecerán as nosasrelacións,persoaise colectivas con nós mesmos, e conoutros pobos.

Por todo isto nace o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística

#PaliquéochoEu no que compartimos e adoptamos saberes sobre a nosa lingua. Dende o mes febreiro e ata xuño cada mes coa axuda dos vídeos do #Dígocho Eu e os maiores do Centro de Día de Sada creamos contidos dunha temática diferente, os cales compartiremos con todos e todas vós para a aprendizaxe divertida e motivadora do galego. Silvia Varela, como galego falante e mestra neste proxecto, será o nosa estrela e guía. Adiante...a aprender moito galego!!!

Nós estamos co galego!.

 

#Paliquéocho Eu!

 

O Magosto xa chegou!

24/11/2021

Xa chegou o outono ao cole, por iso celebramos un Magosto no que fixemos diferentes actividades: Pintamos follas de cores, fixemos colares con castañas, cucuruchos para comelas asadas e unha olimpiada na que este froito do outono foi o protagonista.

Ademais, tamén tivemos unha aula de outono na que cada clase tiña que buscar unhas castañas agochadas de diferentes cores. Pasámolo xenial. Aquí tendes un video con algunhas fotografías da celebración.

 

O MONSTRO COME-MEDOS

25/06/2021

 

Intentando traballar unha das emocións básicas: O MEDO. O alumnado decorou ao Monstro Come-Medos. Cada aula foi creando o monstro engadindo unha parte do seu corpo e utilizamos as galletas para que escribiran cada un dos seus memos e o Monstro faríaos desaparecer!

 

Día da PAZ

05/02/2021

O 30 de xaneiro foi unha data sinalada no cole. 

Todos os alumnos e alumna do centro realizamos un mural con pezas de crebacabezas. Cada un/unha tiña que decorar unha peza e amosar unha mensaxe clara sobre a PAZ.

 

 

 

O NOSO MAIO

01/06/2021

Aí ven o maio de flores cuberto... como se recolle no poema de Curros Enriquez. Os nenos e nenas do cole quixemos celebrar "Os Maios" polo que elaboramos un ben fermoso decorado coas nosas flores de papel.

 

 

 

 

8M: DÍA DA MULLER

08/03/2021

O 8 de marzo celebramos o Día da Muller no centro. Todos os nenos e nenas do cole realizamos un mural coas súas fotografías emulando a Power Woman.

 

 

O ENTROIDO

12/02/2021

O MAGOSTO

15/11/2020

A pesares de que nos gustaría máis doutro xeito, seguimos festexando e desfrutando como podemos... Desta vez, comendo un biscoito de castañas no noso comedor.

 

Grazas Manel e o alumnado de Restauración, por elaborar o postre

Quedou exquisito!!

 

 

O SAMAÍN

30/10/2020

E por fin... a primeira celebración do curso!

O día que tod@s estabamos esperando!!!  

Nenos e nenas, tede coidado coas bruxas, coas pantasmas, cos demos e trasnos, porque...       

Xa chegou O SAMAÍN!!!

 

 

O alumnado participou na elaboracións da decoración da entrada do cole e das aulas. Disfrazámonos en cada aula e comemos doces típicos para  celebrar o Samaín! 

 

Feliz Día das Letras Galegas 2021

16/05/2021 23:55

Distribuir contido