#PaliquéochoEU

Xa que somos un centro aberto ao entorno e sensible ás necesidades da comunidade educativa, presentamos o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística #PaliquéochoEu pola necesidade de promover e dar valor á lingua mellorando a competencia lingüística no noso alumnado tanto de xeito oral coma escrito dun xeito divertido e motivador. Debido á nosa realidade social, na que as novas tecnoloxías e as redes sociais inundan todo, pensamos que pode axudarnos a motivar e a asentar as aprendizaxes nun contexto interesante para todos e todas.

Coñecendo a nosa lingua e a nosa cultura aprenderemos a valorar e respectara nosa historia e cultura, o mesmo tempo que enriquecerán as nosasrelacións,persoaise colectivas con nós mesmos, e conoutros pobos.

Por todo isto nace o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística

#Paliquéocho Eu no que compartimos e adoptamos saberes sobre a nosa lingua. Dende o mes febreiro e ata xuño cada mes coa axuda dos vídeos do #Dígocho Eu e os maiores do Centro de Día de Sada creamos contidos dunha temática diferente, os cales compartiremos con todos e todas vós para a aprendizaxe divertida e motivadora do galego. Silvia Varela, como galego falante e mestra neste proxecto, será o nosa estrela e guía. Adiante...a aprender moito galego!!!

Nós estamos co galego!.

 

#PaliquéochoEu!

 

CAPÍTULO I "A ORIXE DO GALEGO"

 

 

CAPÍTULO II "ACOCHO"

 

CAPÍTULO III "CHOUTAR"