Rematando o curso...

28/07/2023

Seguimos traballando...

 

-      

Promovemos dende a biblioteca a participación do alumnado nunha actividade de coidado dunha plantación de carballos nos campos de prácticas do centro. Para os alumnos en cadeiras de rodas organizouse na aula ao aire libre da pérgola unha actividade de plantación de leitugas, mestura de sustratos, rega... Alumnos e alumnas de FP de xardinería exerceron de monitores, axudando e dirixindo aos grupos de primaria e secundaria nas actividades de eliminación de malas herbas, elaboración de acolchados orgánicos, rega...

 

-      

Continuando ca temática do proxecto de centro, coordinamos co grupo de formación profesional de Xardinería e viveirismo unha plantación de variedades tradicionais galegas de mazá no mosteiro de Bergondo (A Coruña). Dito mosteiro atopase no Camiño Mariñán (Sada-Betanzos-Santiago de Compostela). No futuro as maceiras darán sombra e froita aos peregrinosO.

 

-      

Organizamos dous talleres de educación afectivo-sexual para FP e alumnado de secundaria.

 

-      

Organizamos o programa Cinema nas aulas (nolo concederon segundo Resolución do 17 de novembro de 2022), co visionado da película Deep para primaria e secundaria, e a cortometraxe El hombre de agua dulce, para formación profesional. O profesorado de FP preparou actividades adaptadas ao noso alumnado relativas ao aforro da auga, degradación de obxectos no medioambiente, elaboración de documentación polo alumnado, dicionario visual... O equipo de biblioteca preparou actividades para o alumnado do centro sobre motricidade fina, texturas, xogos con auga...

 

 

-      

Realizáronse infinidade de actividades  promovidas polos docentes do centro...

-      

 

Traballo sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria (Especialidade de Música)

 

  

-      

A biblioteca serviu de espazo para outras actividades organizadas polos equipos de dinamización do centro: contacontos, día da ciencia, robótica no entroido, charlas sobre ciberbulling, etc

 

-      

E para terminar este curso tan intenso, organizamos un evento de clausura do curso 2022-2023: unha viaxe a Santiago de Compostela como fin de proxecto de centro de biblioteca. Visitouse o parque da Alameda, a praza do Obradoiro e o entorno da catedral e o Monte do Gozo.

 

-      

O ano que ven continuaremos traballando polo PLAMBE con novas iniciativas e un novo proxecto de centro...