Gallego

Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2015/16(DOG do 16 de abril de 2015). 

  • O prazo de preinscrición remata o 8 de maio.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.

 
Que son?
Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.
 
Destinatarios
 
Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.
 
Características

  • Os plans estarán integrados por unha ou dúas liñas de actuación. Cada liña, pola súa vez, desenvolverase a través dun itinerario formativo.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo ou seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados. Potenciarase o uso das TIC no desenvolvemento do dito proceso.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Contarán coa participación mínima do 40% do claustro, salvo casos excepcionais que, a xuízo de Comisión de Selección, resulten debidamente xustificados.
  • Cada centro só participar nun único plan.
  • Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán participar presentando un mesmo plan conxunto.
  • Todo o profesorado que preste servizos nun centro seleccionado na convocatoria poderá participar no seu plan de formación.
  • Cada participante integrarase, como mínimo, nun dos itinerarios e, polo menos, nunha das súas actividades formativas. No caso de integrarse nunha única actividade, esta será un grupo de traballo ou un seminario.

 
Liñas de actuación
 
Os plans de formación propostos tratarán, de xeito prioritario, a seguinte liña de actuación:
 

  1. Programación, avaliación e metodoloxías que favorecen a adquisición de competencias clave, segundo os novos currículos.

 
Ademais, os plans de formación poderán tratar unha das seguintes liñas:
 

  1. Planificación estratéxica das linguas no centro.
  2. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
  3. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  4. Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
  5. Mellora das competencias profesionais docentes e actualización científica e didáctica do profesorado.
  6. Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
  7. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
  8. Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

 
Máis información
 
Mail: cafi@edu.xunta.es, cfr.coruna@edu.xunta.es, cfr.lugo@edu.xunta.es, cfr.ourense@edu.xunta.es, cfr.pontevedra@edu.xunta.es, cfr.ferrol@edu.xunta.es, cfr.vigo@edu.xunta.es.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2015

Gallego

Xúntase a Orde do 8 de abril de 2015 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2015.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2015/16.

Seleccionaranse un mínimo de 25 novos proxectos e seguirase apoiando a aqueles centros que forman parte deste programa, previa solicitude de continuidade, e sempre que a valoración da actividade do curso 2014/2015 sexa positiva.

  • O prazo límite de presentación de instancias remata o 15 de maio de 2015

Colectivo: 

Sección: 

A AS-PG presenta o programa das XXIV Xornadas de Lingua e Literatura

A Asociación Socio-pedagóxica Galega presenta o programa das XXIV Xornadas de Lingua e Literatura.

Lugar: IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)
Data: sábado 18 de abril de 2015
Matrícula: de balde
Homologación: solicitada

Para obter máis información pódese consultar o programa na seguinte ligazón.

 

 

Gallego
Cartel das XXIV Xornadas de Lingua e Literatura

File: 

Sección: 

A AS-PG presenta as XVIII Xornadas de Educación Infantil

A AS-PG presenta o programa das XVIII Xornadas de Educación Infantil.

Lugar: IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Data: sábado 18 de abril de 2015

Para obter máis información pódese consultar o programa na seguinte ligazón.

 

 

 

 

Gallego
Debuxo dun cohete

File: 

Sección: 

Nova Escola Galega presenta o IV Seminario sobre a Memoria

A asociación Nova Escola Galega abre o prazo de matrícula para o VI Seminario sobre a Memoria, co subtítulo "O exilio, a muller e a guerrilla: o gardarríos", que terá lugar en Rianxo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Mondoñedo e Lourenzá.

Data: 8, 9 e 10 de maio de 2015
Homologación: concedida

Para obter máis información ou formalizar a inscrición pódese consultar a seguinte ligazón.

 

Gallego
Logo Nova Escola Galega

Tema: 

Sección: 

Convocánse as II Xornadas de Portugués

Ciranda presenta as II Xornadas do Portugués co fin de dinamizar o ámbito de coñecemento de ensino e aprendizaxe da lingua portuguesa.

Lugar: Santiago de Compostela (espazo sen determinar)
Data: sábado 18 de abril de 2015
Homologación: solicitada

Para obter máis información pódense consultar os documentos anexos.

 

 

 

 

Gallego
Logo de Ciranda

File: 

Tema: 

Sección: 

Preséntase o V Festival Internacional "Peregrinos musicais"

A Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (entre moitas outras entidades), organiza o V Festival Internacional "Peregrinos Musicais" co fin de apoiar os novos talentos musicais entre os máis novos. Esta actividade desenvólvese coa participación da Fundación Mstislav Rostropóvich e da Fundación Vladimir Spivakov de Moscova.

Destinatarios: alumnado de 12 a 21 anos.
Prazo de presentación das propostas: 15 de xuño de 2015
Desenvolvemento das actividades: 2ª quincena de setembro de 2015

Para obter máis información e formalizar a inscrición pódese consultar a seguinte ligazón.

Gallego
Imaxe do Festival

File: 

Sección: 

Convocatoria a centros educativos para participar no Día Internacional das Rapazas nas TIC, o 23 de abril de 2015

O Centro de Supercomputación de Galicia, en colaboración coa  iniciativa "Rapazas Emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta e no proxecto europeo ICT-Go-Girls! (www.ictgogirls.eu),  organiza unha charla-coloquio no CESGA sobre as oportunidades para as rapazas no eido das novas tecnoloxías, coa participación en directo de 3  mulleres emprendedoras que traballan neste eido, con motivo da celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC, auspiciado pola ITU (International Telecommunication Union) http://girlsinict.org/. Este evento está dirixido especialmente a todos os centros escolares de Galicia, principalmente de secundaria, que poden participar mediante videoconferencia en vivo ao evento, facer preguntas e intervencións dirixidas ás participantes no CESGA.

Contará este evento coa participación presencial de tres mulleres emprendedoras, de diferentes perfís, que traballan no ámbito das tecnoloxías, que explicarán de xeito breve como comezaron neste eido, como é o seu traballo, as súas posibilidades, etc.  e responderán a aquelas dúbidas, inquedanzas e comentarios que lles envíen as/os rapaces/as por videoconferencia. 
As participantes na mesa serán:

  • Verónica Ramallal, socia fundadora de Pekecha.com, (social media management).
  • Mª Rosa Vázquez Rogel. CEO Appentra. (Empresa de software de computación de altas prestacións e spinoff da UDC).
  • Mariel Martínez Estévez, ‎CFO e cofundadora de Ameiga. (Empresa desenvolvedora de xogos para móbiles).

O acto contará coa participación e soporte do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia), Universidade de Santiago de Compostela (Woman Emprende), Universidade da Coruña (Facultade de Informática), así como representación institucional da Xunta de Galicia, -Secretaría Xeral de Igualdade (Susana López Abella, Secretaria Xeral), Consellería de Educación (por confirmar a persoa), e AMTEGA (Mar Pereira, Directora).

Aqueles centros interesados en participar, deberán poñerse en contacto co CESGA no correo e-learning@cesga.es canto antes para poder solventar todas aquelas cuestións técnicas da súa participación.

Pola tarde, de 5 a 7, realizarase un obradoiro aberto e moi divertido para nenas de entre 10-16 anos e visita ao CESGA, cos seguintes contidos:

  • Como falar aos ordenadores para que fagan cousas: Scratch, Lego, etc.
  • Deseñando ideas para imprimilas en 3 dimensións: a Impresión 3D.

No arquivo anexo pódese descargar o borrador da axenda do acto.
 

Gallego
Cartel do "Girls in ICT Day"

Sección: 

X edición do Premio á Acción Magistral

A FAD (Fundación de Ayuda contra a Drogadicción), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e o BBVA convocan a undécima edición do Premio Acción Magistral.
A convocatoria vai dirixida a docentes de centros españois que desenvolvan proxectos educativos relevantes no ámbito da educación en valores durante o curso 2014/2015.
 

Categorías:

  • Categoría A (para traballar con alumnado de 0 a 12 anos): proxectos ou experiencias desenvolvidos en educación infantil ou primaria.
  • Categoría B (para traballar con alumnado de 12 a 18 anos): proxectos ou experiencias desenvolvidos con alumnado da ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e PCPI.
  • Categoría especial "Proyectos en red" (para traballar con alumnado de 0 a 18 anos): proxectos intercentros realizados en rede en centros de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e PCPI.

Prazo de presentación dos traballos: 18 de maio de 2015.

Máis información no acceso web do Premio Acción Magistral.

Gallego
Premio Acción Magistral

Sección: