Gallego

Ampliación do prazo de solicitude de participación na Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.

Rede Galega de Educación Dixital
Rede Galega de Educación Dixital
Gallego

Colectivo: 

Resolución do 3 de setembro de 2021 pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia, curso 2021-2022

Gallego

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 7 de setembro de 2021 pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022

Gallego

Resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.
 

 

Colectivo: 

Sección: 

Plan Dixital

Roda coas áreas temáticas do DigCompOrg

Áreas ou elementos temáticos que contempla o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), referencia para a dixitalización dos centros educativos.

 

O Plan Dixital de centro é un documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida,  definen un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión. O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Como apoio aos centros educativos atópase dispoñible a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro.

A partir do Informe SELFIE, o centro poderá xerar unha análise DAFO que é de utilidade para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. Aquí podemos ter en conta  elementos como as infraestruturas tecnolóxicas, a  competencia dixital docente e do alumnado, ou a actitude favorable cara ao uso das tecnoloxías como medio de mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, entre outros.

Gallego
Roda das áreas do digcomporg

Sección: 

Competencia Dixital

Plan Anual de Formación do Profesorado 2021-22O Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2021/2021 contempla a formación nos propios centros (PFPP), de acordo coa Resolución do 15 de Xuño de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22.

  • Prazos: a preinscrición estará aberta ata o 30/09/2021e a presentación ata o 15/10/2021.
  • As liñas de traballo prioritarias dos PFPP son as establecidas no apartado 4, sinalando como prioritaria:​​​​​
    • Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.

 

Icono educación dixitalAsí mesmo, o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2021/2021, no seu capítulo 2, incorpora a Educación dixital e nel avánzanse as liñas que seguirán as accións formativas relacionadas con este ámbito. Estas accións formativas inclúen múltiples propostas de formación relacionadas coa liña dixital:
  • A capacitación técnica ao profesorado dos centros E-Dixgal.
  • O impulso da competencia dixital nos centros educativos co desenvolvemento do Plan Dixital de Centro. 
  • A formación de membros dos centros: equipo directivo e persoa responsable da dinamización TIC.
  • O deseño e implementación do Plan Dixital de Centro.
  • A formación en Competencia Dixital Docente a través da oferta e desenvolvemento de actividades formativas nos distintos niveis e áreas para todo o profesorado.
Gallego
Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2021/2021
Icono educación dixital

Sección: 

Normativa

Instrucións para o inicio de curso

  • A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, publicou o pasado 17 de xuño as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato que inclúen na disposición adicional quinta a necesidade de que os centros docentes elaboren no curso 2021/22 o seu plan dixital.

Normativa Plan Dixital

 

Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP)

  • A resolución pola que se convocan os Plans de Formación Permanente do Profesorado recolle no seu Apartado 4. Liñas de traballo e competencias profesionais docentes dos PFPP a elaboración do plan dixital de centro como liña prioritaria.
Gallego

Sección: 

Competencia dixital

A competencia dixital no ámbito educativo de Galicia vertébrase a través dos tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) da Comisión Europea:

• O marco europeo da competencia dixital docente (DigCompEdu nas súas siglas en inglés) é a referencia para o desenvolvemento da competencia dixital do profesorado. A tradución ao galego realizada pola consellería de Educación pode descargarse nesta ligazón e así como unha folla resumo do marco nesta outra.

• O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes é a referencia para os centros educativos e para a elaboración do plan dixital de centro.

• O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns é a referencia para a competencia dixital do alumnado. Nesta ligazón, a versión en castelán.

Gallego
Infografia caramelo competencias dixitais docentes

Sección: