Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Filetea.me

Filetea.me [1]

Enviado por portalcafi a Lun, 21/10/2013 - 11:51

Esta páxina web [2], creada por unha empresa galega (Igalia), permite unha transferencia directa (ordenador-ordenador) de arquivos. Isto no eido educativo pódese empregar para compartir vídeos ou arquivos pesados entre centros ou entre compañeiros. Moitas veces emprégase para estas transferencias plataformas de almacenamento de datos (dropbox, box, youtube, vimeo...) pero cando aloxamos algo nestas páxinas os contidos poden ser empregados indebidamente polos donos desas webs. Nesta páxina o arquivo que se quere compartir non é subido á rede, polo que non se almacena en ningún sitio e así asegurámonos de que non cae en mans de terceiros, gañando así en privacidade. A páxina o que fai é construír unha ponte directa de enlace entre dous ou máis ordenadores. O seu emprego é moi sinxelo:

1. Eliximos o arquivo que queremos compartir

2. A páxina xera unha ligazón que temos que copiar

3. Enviamos por email esta ligazón á persoa ou persoas coas que queremos compartir ese arquivo

4. A persoa que a recibe fai clic nela e ábrese o panel de descarga

O navegador web do creador da ligazón ten que estar aberto durante todo o tempo que dura a transferencia. Cando se pecha o navegador a transferencia córtase de súpeto.

Gallego
filetea.me [3]

Website: 

FILETEA.ME [2]

Tema: 

Información xeral [4]
Ferramentas de comunicación [5]
Ferramentas on-line [6]
Ferramentas xerais [7]

Sección: 

CAFI [8]
CFR Coruña [9]
CFR Ferrol [10]
CFR Lugo [11]
CFR Ourense [12]
CFR Pontevedra [13]
CFR Vigo [14]

Áreas-CAFI: 

Departamentos [15]
Educación dixital [16]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/10896

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/10896
[2] https://filetea.me/default/
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/03/20/8305052a5d2d9c1d98a546022d0e2884.jpg
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/737
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/738
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/426
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/724
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/725
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/729
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/727
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/726
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/760