Orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2013/2014 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, profesorado desprazado por falta de horario, comisións de servizos...

Xov, 13/06/2013 - 08:45

Xúntase a Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2013/14 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2013 e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres, e ao que solicite o reingreso no servizo activo.

  • Ábrese o prazo para a solicitude de destinos provisionais para o próximo curso académico 2013-2014 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, agás aqueles participantes que xa fixeron instancia de solicitude por conciliación familiar que non poderán facer outra instancia, e ao persoal interino e substituto do corpo de mestres. O prazo abranguerá dende o día 14 de xuño ata o 3 de xullo de 2013, ámbolos dous inclusive.

  • Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013, o prazo será de tres días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais.