Título node Learning object
Convocatoria do Encontro Audiovisual da Mocidade dentro do Festival Internacional de Cine de Valencia - Cinema Jove 2013
Xov, 14/02/2013 - 14:56
O Institut Valencià de l’Audiovisual i de la Cinematografia Ricardo Muñoz Suay (IVAC) convoca o Encontro Audiovisual da Mocidade dentro do Festival Internacional de Cine de Valencia - Cinema Jove do 22 ao 24 de xuño de 2013 na cidade de Valencia.
Poden participar neste Encontro grupos de alumnado de ata 24 anos de idade, residentes en España e que pertenzan a centros educativos, EPA, asociacións xuvenís, obradoiros de imaxe, etc.
O certame ten tres categorías:
- A: ata 12 anos (alumnado de Infantil e Primaria)
- B: de 13 a 20 anos (alumnado da ESO e Bacharelato)
- C: de 16 a 24 anos (alumnado de Ciclos Formativos de Imaxe, de outros centros de formación e de asociacións xuvenís)
Cada categoría terá un premio e un accesit, composto dun lote de material audiovisual, un diploma e un trofeo.
O prazo de inscrición remata o 15 de abril de 2013 e esta debe facerse a través da web do Festival.