Título node Learning object
Convócanse 15 Premios Nacionais de Bacharelato de 1200 € cada un.
Poderán optar a estes premios o alumnado que, tendo cursado segundo de Bacharelato durante o curso académico 2011/2012, resultaran merecedores dun Premio Extraordinario de Bacharelato no ámbito da administración educativa na que remataran estas ensinanzas e cumpran or seguintes requisitos:
- Ter cursado primeiro e segundo de Bacharelato en calquera dos centros docentes españois, ben presencial ou a distancia.
- Ter obtido no conxunto dos dous cursos de Bacharelato unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos. A nota media será a media aritmética das calificacións das materias comúns, de modalidade e optativas dos dous cursos de Bacharelato, redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Para este cálculo non se terá en conta a materia de relixión.
Para optar a eses premios, o alumnado ten que cumprimentar o formulario de inscrición que será accesible por vía telemática na web: https://sede.educacion.gob.es , na sección de “Trámites e servicios” e confirmar a solicitude nesta mesma aplicación.
As inscricións confirmaranse ata o día 11 de decembro de 2012.
Para información das probas acceder á convocatoria no BOE (1 de decembro de 2012)