Título node Learning object
Ábrese o prazo para participar en Cine e Fotografía en Curso, programa de difusión e pedagoxía da creación, coordinado en Galicia polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), que se dirixe a alumnado de entre 6 e 18 anos. Representa un proxeto que integra diferentes axentes e ámbitos: museos e centros de arte, profesionais do cine e fotógrafos, profesorado, centros educativos, barrios e municipios.
A convocatoria para participar neste programa estará aberta desde o 30 de novembro ao 19 de decembro de 2012. O 20 de decembro notificaranse os centros admitidos (12 centros de toda Galicia).
Os centros que queiran participar pódense poñer en contacto co CGAI a través do correo electrónico info@cgai.org ou nos teléfonos 881881269 e 881881260.
Requisitos para participar:
- Ser centro de ensino de Educación Primaria, Secundaria, Formación Profesional ou Bacharelato en Galicia.
- Aínda que participen varios docentes dun mesmo centro, designarase unha persoa responsable que será a encargada da coordinación e o seguimento do proxecto en colaboración co equipo de Cine e Fotografía en Curso.
- É imprescindible a asistencia dos docentes á formación do 18 e 19 de xaneiro de 2013 no CGAI.
Documentación que se debe presentar:
- Breve texto que explique as motivacións do centro para participar no proxecto.
- Curso, número de alumnado, horarios e materias ou áreas en que se enmarcaría o proxecto, posibilidade de flexibilizar horarios, etcétera.
- Docentes implicados no proxecto e materia que imparten.
Para máis información descargar o arquivo anexo.