Título node Learning object
O Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais consiste nunha mostra de cine dedicada ás mulleres do medio rural que organiza anualmente o Ministerior de Agricultura, Pesca e Alimentación e que busca dar relevancia e visibilizar o labor que realizan as mulleres que viven no medio rural e convidar á reflexión sobre a importancia destas zonas a través do cine, destacando o papel vertebrador, social e económico das mulleres e propiciando a comprensión, integración e complicidade entre as persoas que habitan no medio rural e no urbano.
O Ciclo conta cunha Sección Educativa complementaria que consiste nun proxecto piloto que se desenvolve por terceiro ano consecutivo e que busca acercar á mocidade as representacións diversas das mulleres no contorno rural e promover unha mirada crítica e reflexiva sobre o tratamento das súas personaxes no cine, así como visibilizar e recoñecer as profesións do sector primario.
Na convocatoria elixiranse 12 centros educativos do medio rural que se beneficiarán de acceso gratuíto en liña a unha selección de películas, acompañadas de actividades pedagóxicas e á participación nun encontro intercentros.
- Destinatarios: centros educativos públicos de pobacións de menos de 20 000 habitantes.
- Etapas educativas: estudantes de entre 15 e 21 anos que cursen 4º de educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional (ou asimilables)
- Número de estudantes por centro: cada centro poderá participar con 50 estudantes aproximadamente.
- Calendario: as actividades desenvolveranse nos meses de outubro e novembro de 2025 (coincidindo coa celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais)..
- Prazo de inscrición: ata o 23 de xuño de 2025.
O lugar para a inscrición, requisitos de participación e demais información relevante da convocatoria está accesible a través desta ligazón.