L2401021 Metodoloxías activas na aula de matemáticas
Este curso académico contamos con varios cursos e actividades sobre a área de Matemáticas. Un dos primeiros en comezar será L2401021 Metodoloxías activas na aula de matemáticas, o cal mantén o prazo de inscrición aberto. Esta actividade certifica 20 horas de formación, das cales 14 horas serán presenciais e 6 horas serán de traballo individual titorizado. A fase presencial desenvolverase nas instalacións do IES Perdouro, en Burela; os días 3, 10, 17 e 24 de outubro e 7 de novembro. Este curso será impartido por Pilar García Agra, de AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática). Nesta actividade profundarase especialmente nos seguintes contidos e recursos:
1. Mosaicos bicolor e teselacións para estudar movementos no plano.
2. Arte e matemáticas. As coordenadas nun cadro. Xeometrización de cadros. Xeometrización inversa. A relación do n.º de Ouro cos números irracionais.
3. Introdución as ecuacións de 1º grao con cartolina e mistos. Geogebra para a resolución analítica e gráfica de ecuacións e sistemas; tratamento de datos e estatística básica.
4. Cubos máxicos, sistema binario, cadrados máxicos e potencias de 2.
5. Roteiro matemático por Burela. Creación dun roteiro.
6. MathCityMap e a súa utilización no entorno do centro. Aula virtual da aplicación.
Como vedes será un curso moi práctico, no que se traballarán actividades motivadoras para o alumnado de matemáticas. Fai a túa inscrición a través de FProfe ou ben envía un correo a belenorti@edu.xunta.gal co teu nome completo e DNI solicitando a inscrición.