Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > L2401021 Metodoloxías activas na aula de matemáticas

L2401021 Metodoloxías activas na aula de matemáticas [1]

Enviado por portalcfrlugo a Lun, 16/09/2024 - 18:40
20 horas (6 delas non presenciais) en Burela
Pilar García Agra (AGAPEMA) será a relatora
Gallego

Este curso académico contamos con varios cursos e actividades sobre a área de Matemáticas. Un dos primeiros en comezar será L2401021 Metodoloxías activas na aula de matemáticas, o cal mantén o prazo de inscrición aberto. Esta actividade certifica 20 horas de formación, das cales 14 horas serán presenciais e 6 horas serán de traballo individual titorizado. A fase presencial desenvolverase nas instalacións do IES Perdouro, en Burela; os días 3, 10, 17 e 24 de outubro e 7 de novembro. Este curso será impartido por Pilar García Agra, de AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática). Nesta actividade profundarase especialmente nos seguintes contidos e recursos:

 

1. Mosaicos bicolor e teselacións para estudar movementos no plano. 

2. Arte e matemáticas. As coordenadas nun cadro. Xeometrización de cadros. Xeometrización inversa. A relación do n.º de Ouro cos números irracionais. 

3. Introdución as ecuacións de 1º grao con cartolina e mistos. Geogebra para a resolución analítica e gráfica de ecuacións e sistemas; tratamento de datos e estatística básica. 

4. Cubos máxicos, sistema binario, cadrados máxicos e potencias de 2. 

5. Roteiro matemático por Burela. Creación dun roteiro. 

6. MathCityMap e a súa utilización no entorno do centro. Aula virtual da aplicación. 

 

Como vedes será un curso moi práctico, no que se traballarán actividades motivadoras para o alumnado de matemáticas. Fai a túa inscrición a través de FProfe ou ben envía un correo a belenorti@edu.xunta.gal [2] co teu nome completo e DNI solicitando a inscrición.

MATEMATICAS
CFR Lugo [3]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44383

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44383
[2] mailto:belenorti@edu.xunta.gal
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728