Título node Learning object

Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual
Ven, 24/05/2024 - 07:57
Imaxe

 A "Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual" foi elaborada pola Federación Down Galicia, co obxectivo de facilitar ás persoas pertencentes a este colectivo a busca dos mellores camiños e alternativas formativas e profesionais posibles, podendo tomar a continuación unha decisión de forma libre, reflexionada e responsable.

Está dispoñible a través desta ligazón.