Título node Learning object

V Premio Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos Óscar Arnulfo Romero
Xov, 11/04/2024 - 07:49
Imaxe

Abriuse a convocatoria do V Premio Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos Óscar Arnulfo Romero, que, nesta ocasión, recoñece iniciativas de educación non formal para a defensa e promoción dos dereitos humanos.

O prazo para presentar proxectos permanecerá aberto ata o 03 de maio mediante este link de inscrición. Adxunto atopará as bases do concurso. 

 Poden participar organizacións sociais, empresas e fundacións, así como institucións educativas que impulsen iniciativas de educación non formal en 22 países iberoamericanos e en temáticas como o empoderamento de mulleres e nenas, a defensa dos dereitos da poboación migrante, a transformación verde ou a promoción dos dereitos humanos no contexto da transformación dixital e as redes sociais, entre outros. 

Como en edicións anteriores, o premio terá dúas fases: unha nacional, na que se recoñecerán as mellores iniciativas de cada país e, posteriormente, unha iberoamericana, onde se premiarán os tres mellores proxectos con 8.000 dólares para o primeiro posto, 4.000 para o segundo e 2.000 para o terceiro.

A premiación terá lugar na cidade de Río de Janeiro, Brasil, no marco do V Encontro Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos, que organiza a OEI.