Título node Learning object

Campaña "Si é racismo"
Xov, 14/03/2024 - 08:30

O Ministerio de Igualdade, a través da Dirección Xeral para a Igualdade de Trato e Diversidade Étnico Racial, lanza a súa nova campaña "Si é racismo", co obxectivo de loitar contra o racismo e a discriminación racial e dar a coñecer o Servizo de Asistencia e Orientación a Vítimas de Discriminación Racial ou Étnica do CEDRE.

A campaña diríxese tanto ás persoas que sofren con máis asiduidade a discriminación racial como á poboación xeral, mostrando situacións de racismo e buscando a identificación e a solidariedade da sociedade no seu conxunto, e animando a que as testemuñas de situacións de discriminación racial, se solidaricen e o denuncien, de forma que se poña o foco no feito de que a mellor ferramenta para loitar contra o racismo é unha comunidade que o rexeita.

Más información a través desta ligazón.