Sesión informativa en liña sobre o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

Mér, 06/03/2024 - 14:19
Imaxe

Coa finalidade de axudar o profesorado que o necesite, realizarase unha sesión informativa en liña o vindeiro xoves 14 de marzo de 2024, de 19.00 a 20.00 horas. Resolveranse dúbidas, consultas e preguntas, e farase un breve repaso do funcionamento do Mapa Cénit para facilitar a presentación de candidaturas.

Para participar na sesión non é preciso apuntarse con antelación, tan só premer o día 14 ás na ligazón da xuntanza (dispoñible na páxina 4 das bases da convocatoria).

Ademais, lémbrase o seguinte:

Que dende o 16 de febreiro e ata o 7 de abril está aberta a 3ª edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global que pretende recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

Poderán presentarse docentes ou equipos docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación.

Premiaranse 3 experiencias educativas, proxectos e iniciativas pedagóxicas realizadas durante o curso escolar 2022/2023 e/ou 2023/2024, correspondentes a 3 categorías:

Categoría A: Educación Infantil e Primaria.

Categoría B: E.S.O, Bacharelato, FP, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Artísticas.

Categoría C: Ensinanzas universitarias.

Novidade de interese

Esta edición o premio inclúe unha viaxe de 10 días a Guatemala cos gastos cubertos para 2 docentes de cada unha das iniciativas gañadoras en cada categoría, no que poder coñecer un proxecto de cooperación internacional e o traballo que realiza en terreo a Cooperación Galega.

Bases e máis información en https://galiciasolidaria.org/terceira-edicion-premio-galego-de-educacion/