Título node Learning object

Webinario "PARCOURSUP" para os centros Bachibac en España
Xov, 15/02/2024 - 08:17

Campus France España organiza un Webinario «PARCOURSUP» para os centros que imparten o programa Bachibac en España, que terá lugar o martes 20 de febreiro, de 18:30 a 19:30.

Intervirán os especialistas do Ministerio de Educación Superior e Investigación francés do Departamento Mission Orientation du Scolaire vers le Supérieur :
- Rachel BOURDON , xefa do Departamento.
- Fabien GORSZCZYK, encargado de misión.
 
Se desexa participar no webinario, pode inscribirse a través desta ligazón.
 

O webinario terá tradución simultanea en español.