Título node Learning object

III Foro Xuntos fronte aos AbuSOS
Ven, 09/02/2024 - 08:02
Imaxe

Os días 22 e 23 de febreiro, a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia organiza o III Foro Xuntos fronte aos AbuSOS, dúas xornadas nas que profesionais multidisciplinares de reconocido prestixio na actuación e tratamento fronte aos abusos sexuais na infancia compartirán os seus coñecementos.

Arun Mansukhani, Mercedes Oliveira, Aida Blanco, Victoria Noguerol, Sandra Baita e Marina Piñeiro procurarán condensar en intervencións de 40 minutos toda a súa experiencia acumulada.

Esta sesión formativa está destinada fundamentalmente a profesionais que traballan directamente coa infancia, desde calquera campo;  social, educativo, xurídico ou sanitario.

A cita será no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia e o aforo estará limitado.

Inscrición a través da web www.xuntosfronteaosabusos.com.