Título node Learning object

I Premio BREVITER de microrrelatos
Xov, 18/01/2024 - 13:33
Imaxe

O Instituto de Educación Secundaria Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela convoca o I Premio BREVITER de microrrelatos, que conta co apoio da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

  • Tema. O tema desta edición do premio é «Imos crecer sempre?».
  • Obras. As obras poden ser:
    - Microrrelatos literarios ou poemas de até 100 palabras.
    - Microrrelatos audiovisuais de até 60 segundos.
  • Linguas. As obras poden presentarse en galego, alemán, español, francés, inglés ou portugués.
  • Participantes. Pode optar ao premio calquera persoa, de calquera nacionalidade, que, o 1 de marzo de 2024, teña entre 12 e 18 anos de idade e estea a cursar estudos preuniversitarios ou de formación profesional. Cada participante pode presentar unha única obra.
  • Premios.
    - 300,00 euros para a obra gañadora na categoría de microrrelatos literarios ou poemas.
    - 300,00 euros para a obra gañadora na categoría de microrrelatos audiovisuais.
  • Prazo de participación: 1 de marzo de 2024.

Toda a información e bases no documento adxunto.