Título node Learning object

Catálogo de pictogramas de ARASAAC traducido a galego
Lun, 08/01/2024 - 07:56
Imaxe

Desde o mes de decembro, o portal ARASAAC (https://arasaac.org/) e o seu catálogo de máis de 13.000 pictogramas (https://arasaac.org/pictograms/search) atópanse traducidos a galego.

Isto facilitará, sen dúbida, a procura de pictogramas, a creación de materiais adaptados (https://arasaac.org/materials/search) e a mellora da accesibilidade cognitiva dos distintos espazos educativos.

Esta tradución foi posible grazas ao esforzo e á colaboración desinteresada de TADEGA e da docente Marisa Lorenzo, a quen se traslada un merecido recoñecemento e agradecemento.