Título node Learning object

Guía "Clorofila en letra para curar o planeta": libros e materiais sobre medio ambiente
Xov, 21/12/2023 - 09:36
Imaxe

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Deputación da Coruña, a guía Clorofila en letra para curar o planeta.

Neste caso, a selección de libros e espazos na rede xira ao redor do tema medio ambiental, buscando o encontro respectuoso coa natureza, a conciencia ecolóxica e todo o relacionado con este contido transversal. Trátase duns materiais imprescindibles para todo tipo de persoas mediadoras do libro e a rapazada, recursos que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social.

Os materiais están organizados baixo apartados como: Augas, Fauna, Flora, Lendas de pobo respectuosos co medio, RSU (relacionados cos residuos sólidos urbanos), autoras/es que traballan este contido de maneira natural na maioría das súas obras), vertidos (tan comúns nas nosas costas), coleccións de determinadas editoriais que responden a esta preocupación, recursos que poden espertar a conciencia ambiental, libros e sitios web a través dos que coñecer e documentarse en xeral sobre a natureza.