Título node Learning object

Convocatoria para financiar proxectos escolares que promovan a cultura oceánica e da auga
Xov, 21/12/2023 - 09:07

A convocatoria de financiamento ProBleu axudará aos centros educativos de primaria e secundaria a traballar co alumnado e a comunidade educativa en xeral na educación sobre a sustentabilidade e a protección dos ecosistemas mariños e de auga doce.

O proxecto ProBleu ten como obxectivo mellorar os coñecementos sobre a auga e o océano nas comunidades escolares de toda Europa e 18 países asociados ao Programa Horizonte Europa.

Os centros educativos poden solicitar subvencións de ata 10.000 euros para proxectos de 11 meses de duración máxima.

Poden participar centros escolares de primaria e secundaria (incluídos os centros de formación profesional) ata o nivel ISCED 3 dos Estados Membros da UE-27 e os países terceiros asociados a Horizonte Europa.

O alumnado e profesorado poden presentar proxectos que impliquen ou non a terceiras partes ou colaboradores, pero as subvencións ProBleu só se concederán a centros educativos como entidades legais.

O apoio financeiro de ProBleu aos proxectos educativos deberá axustarse a unha das seguintes categorías:

  • Para proxectos pequenos: ata 2.500 €.
  • Para proxectos medianos: ata 5.000 €.
  • Para proxectos grandes: ata 10.000 €.

Toda a información no documento adxunto.