Título node Learning object

Formación «O Globo: observatorio para educar na cidadanía global»
Ven, 01/12/2023 - 08:18

A ONG Solidariedade Internacional de Galicia está ofertando a formación «O Globo: observatorio para educar na cidadanía global», destinada ao profesorado (gratuíta e homologable pola Consellería de Educación), que pretende traballar a Participación Social do alumnado nas aulas, establecendo como marco a Axenda 2030 e o enfoque da Educación para a Cidadanía Mundial.

A formación componse de 20 horas, das que 12 horas serán presenciais: 20 de xaneiro de 2024 (10:00 – 14:00 e de 15:00 a 19:00) e 8 de marzo de 2024 (16:30 a 20:30) na EGAP: Escola Galega de Administracións Públicas (Santiago de Compostela) e 8 horas de traballo autónomo co acompañemento do persoal de Solidariedade Internacional de Galicia.

É posible inscribirse premendo na seguinte ligazón: https://forms.gle/EJFsxCc7eSiiQ6Jt7.

Achégase máis información no cartaz adxunto.