Título node Learning object

Cursos “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” e “Estatística con R no Ensino Medio”
Ven, 01/12/2023 - 08:11

O Programa de Formación de Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza os curso “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” e “Estatística con R no Ensino Medio” dirixidos ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas. Estas actividades de formación teñen solicitada a homologación á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación permanente do profesorado.

Os obxectivos dos cursos son os seguintes:

  • Fomento do uso de ferramentas de libre acceso nas aulas.
  • Introdución do profesorado de ensino medio e, consecuentemente, do alumnado no uso de software Maxima / R para posteriormente ampliar o coñecemento fora do ámbito da secundaria.
  • Uso deste tipo de software a tódolos contidos da materia de matemáticas en calquera dos niveis educativos.
  • Ilustración dos contidos con exemplos da vida real.

Estas actividades formativas serán impartidas por María José Ginzo Villamayor, Alejandro Saavedra Nieves e Paula Saavedra Nieves, membros do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela. Os cursos terán unha duración de 21 horas, das cales 15 horas serán presenciais e 6 non presenciais.

Toda á información relativa á inscrición, datas de celebración das diferentes sesións dos cursos e a temática a abordar, detállanse nas correspondentes páxinas web (específicas para cada curso):

Maxima: https://sites.google.com/view/curso-maxima-em/inicio

R: https://sites.google.com/view/curso-r-em/inicio

O prazo de inscrición vai do 1 de decembro do 2023 ao 12 de xaneiro do 2024.