Título node Learning object

Últimos días para participar no III Premio Ateneo Cineduca
Ven, 01/12/2023 - 07:29
Bases

O vindeiro 17 de febreiro remata o prazo para presentar creacións cinematográficas ao III PREMIO ATENEO CINEDUCA, convocado polo Ateneo de Santiago o pasado mes de novembro.

Profesorado e alumnado de todos os centros educativos non universitarios de Galicia están convidados a presentar os seus proxectos de calquera dos xéneros e metraxes cinematográficos, debendo durar as obras entre 15 e 30 minutos e tratar unha temática relacionada con experiencias educativas ou procesos de aprendizaxe, valorándose positivamente a utilización da lingua galega.

Cada centro poderá presentar ata dúas pezas, enviando un enlace privado ao enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal.

Haberá un primeiro premio dotado de 1000 euros e dous accésits de 500, podendo establecerse mencións e premios especiais en base á creatividade e/ou aos valores presentes no traballo.