Título node Learning object

Concurso escolar ImagineEU
Xov, 19/10/2023 - 08:22
Imaxe

O concurso escolar ImagineEU invita ao alumnado a presentar as súas ideas para novas iniciativas cidadás enfocadas a conseguir unha Europa mellor e está dirixido a alumnos/as nos dous últimos anos de educación secundaria superior (bacharelato ou formación profesional).

Poden participar equipos constituidos por un máximo de sete estudantes, baixo a supervisión dun docente, a través da grabación dun vídeo breve que presente as súas propostas para introducir melloras concretas na UE.

Os tres equipos vencedores gañarían unha viaxe de estudio a Bruxelas, do 21 ó 23 de marzo de 2024, na que terían ocasión de reunirse con representantes das institucións.

O prazo para enviar os vídeos comezou este luns 16 de outubro e finaliza o 13 de decembro de 2023.

Máis información no documento anexo e a través do enlace á páxina do concurso: https://citizens-initiative.europa.eu/schools/video-competition_es.