Título node Learning object

Proxecto de comunicación científica AulaCheck+
Ven, 13/10/2023 - 10:35
Imaxe

AulaCheck é un proxecto de comunicación científica no que alumnado de 3, 4° de ESO e 1° de Bacharelato comparten novas próximas e desmontan bulos sobre ciencia.

Obxectivos do proxecto:

  • Promover a cultura científica entre o alumnado.
  • Traballar en equipo nun proxecto de alfabetización mediática.
  • Abordar temas que interesan á mocidade: saúde mental, intelixencia artificial, entrevistas a científicos/as.
  • Fomentar o pensamento crítico.

Que ofrece AulaCheck ao persoal docente:

  • Talleres impartidos por profesionais en combater a desinformación. Axencia de verificación de noticias verificat.
  • Materiais didácticos e formación a docentes.
  • Soporte e axuda personalizada durante todo o curso.
  • Difusión do labor dos centros.
  • Premios para fomentar a motivación e o traballo en equipo.

Duración do proxecto: novembro do 2023 a xuño de 2024.

Cada centro organiza o tempo que dedica ao proxecto dependendo dos seus recursos. Desde a organización proponse un calendario e planificación para que levalo a cabo sexa máis sinxelo. 

Quen pode participar?

Calquera centro educativo (público, concertado ou privado) que ofreza formación nalgún dos seguintes cursos: 3ºESO, 4ºESO ou 1ºBacharelato. 

Como participar?

Os e as docentes interesados en levar AulaCheck+ ás súas aulas deben completar o formulario de inscrición.

Prazo de inscrición: ata o 20 de outubro (incluído).

Máis información a través desta ligazón.