Título node Learning object

Programación para escolares no museo MARCO
Xov, 28/09/2023 - 09:22

A partir do martes 10 de outubro retómase a programación para escolares do museo MARCO de Vigo, con propostas educativas en torno ás exposicións temporais, dirixidas a todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, dende os 3 ata os 18 anos.

A experiencia cos grupos de escolares consiste nun percorrido polas salas de exposición e unha actividade-obradoiro relacionada, que se leva a cabo na sala de Didáctica. Tanto a visita como o obradoiro están especialmente adaptados aos distintos grupos, con contidos diferenciados segundo o nivel educativo.

A participación e gratuíta e os grupos están limitados a 20/25 participantes. En caso de grupos máis numerosos, divídense e altérnanse a visita e o obradoiro, adaptándose ás diferentes necesidades.

HORARIOS:

  • Martes, mércores, xoves e venres.
  • 1ª quenda: de 10:00 a 11:30 / 2ª quenda: de 11:30 a 13:00.

Para participar é necesaria a reserva a través do enderezo electrónico comunicacion@marcovigo.com ou o da taquilla recepcion@marcovigo.com, cos seguintes datos básicos: nome do centro, persoa de contacto (enderezo electrónico e teléfono), número de participantes, cursos, idades, datas e horarios propostos, ademais de calquera outra observación ou particularidade do grupo que se considere necesaria.

Máis información en https://www.marcovigo.com/actuais e nos teléfonos: 986113900 (taquilla, extensión 200) e 986113900 (comunicación e didáctica,  extensión 308).