Título node Learning object

Proxecto de ciencia cidadá Mosquito Alert
Ven, 15/09/2023 - 14:03
Imaxe

No ano 2023, detectouse a presenza do Aedes albopictus ou mosquito tigre, unha especie invasora que non se atopaba en Galicia e que pode ser vector de enfermidades como o Zika, o dengue ou o chikungunya.

Para reducir e minimizar as poboacións destes mosquitos e, en concreto os focos de cría, é moi importante a concienciación cidadá.

A app Mosquito alert desenvolve un programa educativo en varias sesións, seguindo a metodoloxía de traballos por proxectos nas escolas. O obxectivo é incentivar a participación en ciencia cidadá entre os mozos e alcanzar zonas onde hai poucos avisos de mosquitos tigre.

A convocatoria de solicitudes está aberta ata o 30 de setembro.

Máis información:
https://www.csic.es/es/agenda-del-csic/participa-con-tu-alumnado-en-el-proyecto-de-ciencia-ciudadana-mosquito-alert
https://www.mosquitoalert.com/ambitos-de-actuacion/educacion/