Título node Learning object

Encontros americanos na Fundación Eugenio Granell
Ven, 15/09/2023 - 13:55
Imaxe

O vindeiro mércores 20 de setembro, ás 19:00, terá lugar na sala 1 do museo a conferencia do ciclo "Encontros americanos na Granell".

Nesta ocasión, Marío Amorós impartirá a conferencia “A Unidade Popular chilena, 50 anos despois”, que ofrece unha ollada á historia chilena a partir das biografías de Salvador Allende e Víctor Jara.

Os Encontros Americanos na Granell  teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.

Os Encontros  terán lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.

Os seus participantes serán especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.