Título node Learning object

VI edición do concurso literario "Cambados, mar de letras"
Ven, 15/09/2023 - 10:17
Imaxe

O IES Francisco Asorey, co patrocinio do Concello de Cambados, convoca a VI edición do Premio Literario “Cambados, Mar de Letras”.

Está dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia que estean cursando estudios de secundaria, bacharelato e ciclos formativos, sempre que non superen os 20 anos de idade.

A finalidade deste concurso é a de axudar a difundir a lingua galega e fomentar a creatividade entre as persoas máis novas.

Existen dúas modalidades:

  • Poesía.
  • Relato curto.

Premios para cada modalidade:

  • 1º premio: 250 € e figura conmemorativa.
  • Accésit: 125 € e figura conmemorativa.

 

Prazo de presentación: ata o 30 de outubro de 2023.