Título node Learning object

Concurso Nacional "Unha Constitución para todos"
Ven, 08/09/2023 - 10:26

Este concurso ten por obxecto o recoñecemento a centros docentes españois que impartan ensinos non universitarios do sistema educativo cuxo alumnado desenvolva traballos acerca da Constitución Española. Trátase de estimular e promover no alumnado a reflexión e achegar o valor e a importancia da nosa Constitución.

CATEGORÍAS:

  • Modalidade A.- 1º a 3º de Educación Primaria.
  • Modalidade B.- 4º a 6º de Educación Primaria.
  • Modalidade C.- Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
  • Modalidade D. - Bacharelato, Formación Profesional de Grao Medio e Formación Profesional de Grao Superior.

REQUISITOS:

  • O tema dos traballos será a "Constitución Española, unha Constitución para todos".
  • Presentaranse un máximo de tres traballos por centro.
  • Todos os traballos que se presenten, irán acompañados da documentación que se indica no formulario de solicitude.
  • Poderán presentarse relatos ou poesías que deberán cumprir os seguintes requisitos: ocuparán un máximo de 100 liñas, as páxinas deberán estar numeradas e redactadas a unha cara, en tamaño A4, cun interliñado sinxelo e utilizando o tipo de letra Arial tamaño de 11 puntos. En cada redacción deberá constar o nome do/a alumno/a, o curso educativo e o nome do centro. Presentaranse en formato PDF e a capacidade máxima será de 5 Mb para cada un deles.
  • Os traballos serán individuais.
  • Deberase achegar un certificado do/a director/a do Centro onde conste a aprobación para a inscrición do Centro nesta convocatoria e o alumnado participante.

PREMIOS:

Un diploma acreditativo do coñecemento e significado da Constitución, e un premio en especie para cada modalidade por un importe máximo de 800 euros.

PRAZO DE SOLITITUDE:

Desde o 5 de setembro ata o 10 de outubro de 2023 ás 14:00.