Título node Learning object

Competición escolar III Liga Maker Drone
Lun, 04/09/2023 - 12:43
Imaxe

A Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia presentan a III LIGA MAKER DRONE, a primeira competición escolar en España que expón o reto de deseñar e pilotar un sistema dron para solucionar un problema social actual.

Está dirixida ao alumnado matriculado en 2º ESO en calquera centro educativo de Galicia (público, concertado, privado) durante o curso 2023/24.

Os centros interesados en participar deben presentar a súa solicitude de preinscrición a través dun dos seus docentes.

O prazo de preinscrición é desde o 7 ao 29 de setembro de 2023.

Para máis información, pode acceder á web da III LIGA MAKER DRONE a través desta ligazón.