Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario

Mar, 22/08/2023 - 11:17

Xúntase a Resolución do 21 de agosto de 2023 da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserto de xeito provisional esta nova convocatoria e se aproba e publica a relación de persoas que se exclúen provisionalmente convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.

O persoal interesado, que figura no anexo I da citada resolución, poderá presentar reclamación obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "alegacións" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre o día 22 de agosto ata o 4 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.