Título node Learning object

V Edición Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico
Mar, 21/03/2023 - 10:03
Imaxe
A Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico, organiza a V Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato.
 
Este concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.
 
O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto.
 
Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.
 
  • Participantes: alumnado de 1ºESO a 2º Bacharelato.
  • Categorías:
    • Categoría A: alumnado de 1º a 3º ESO e de FP básica.
    • Categoría B: alumnado de 4º ESO a 2º Bacharelato e de ciclos formativos de grao medio.
  • Premios:
    • Primeiro premio: 300 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
    • Segundo premio: 200 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
    • Terceiro premio: 100 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
  • Prazo de presentación: ata o 21 de abril de 2023 ás 14:00 h.
A continuación figuran as bases detalladas do concurso e tamén se pode acceder a toda a información premendo na seguinte ligazón.